Reflexión
Individual Módulo 3
O longo deste Módulo coñecemos de maneira mais profunda e práctica a labor do Orientador en sí.
Luces, cámara e ACCION…
Como profesionais debemos identificar os factores que dificultan a
empregabilidade dos nosos usuarios. Este reconocemento virá dado a través das
entrevistas de orientación. Velaquí a importancia de coñecer técnicas axeitadas
para realizar con éxito as entrevistas de orientación laboral
Una vez identificados estos factores comeza o desenvolvemento de accións
para solventar posibles carencias nos perfís dos usuarios así como axudar a
potenciar as súas fortalezas. Estas accións mesturan modelos didácticos, cando se trata dunha
intervención puntual desenvolvida de maneira “intermitente en momentos cruciais de transición no ciclo de
incorporación - reincorporación ao mundo do traballo”. De asesoramento, o papel neste caso se
trata de acompañamento ao longo do tempo, a través dos coñecidos Itinerarios persoais
de Inserción.
En función das necesidades e características dos usuarios, aparte de accións individuais pódense levar a
cabo accións grupais, “que axuden a desenvolver habilidades,
organizar actividades” como parte do proceso personalizado de intervención.
Empregabilidade

De maneira práctica a través de obradoiros coñecemos diversas técnicas de
gran utilidade para que os usuarios melloren a súas posibilidades a hora de
afrontar unha entrevista persoal. Neste caso buscamos crear a diferencia a
través das competencia entendendo éstas como “o
conxunto de destrezas, habilidades, coñecementos e características condutuais
que, correctamente combinados fronte a unha situación de traballo, predín un
desempeño superior. É aquilo que distingue o rendemento excepcional do normal e
que se observa directamente a través das condutas de cada traballador, na
execución diaria do seu cargo”
Autoempregándose
De maneira máis dinámica teorizouse sobre o emprendemento, foron moitos
datos os que se nos brindaron pero quedome coas pantamas que o envolven… risco,
incertidumbre, sacrificio e soidade…. Pero non deben botarnos atrás senón que
han de convertirse en reto, independencia, innovación e creatividade.


…Rematando
Para finalizar gustaríame deixar una porta aberta á prospección
empresarial, que é unha labor igual de importante que tódalas mencionadas
anteriormente. Identificar o número máximo de sectores portadores de emprego e
das súas características, analizando características e necesidades do texido
empresarial, e descubrindo os sectores en expansión e os sectores máis característicos
da economía local.
Resalto ahora si para finalizar a importancia de desenvolver un mapa de
oportunidades de emprego dispoñbles no mercado.