martes, 28 de octubre de 2014

REFLEXIÓN MÓDULO 2. MARCO PERSOAL


“EL RETO NO ES SOLO ENCONTRAR TRABAJO, SINO ALGO QUE HACER LOS PRÓXIMOS 50 AÑOS Y QUE TE APASIONE.”         

  Emilio Duró                           


                 

                                                                                                                                   
                                                                                              
Case todos temos como mínimo duas maneiras de ver o mundo laboral: unha que é a necesaria para a supervivencia e outra que é a que nos realiza como persoas e profesionais. O ideal e que consigamos os dous fins xuntos, pero a realidade non é tan doada. Alcanzar a satisfación persoal e profesional e o mesmo tempo queden satisfeitas as nosas necesidades non é o que sucede habitualmente.
Parafreseando a Emilio Duró, desde a orientación laboral debemos de trasmitir a necesidade non so de atopar un traballo para sobrevivir, debemos trasmitir un modo de vivir traballando neso que nos fai felices e nos realiza como persoas e profesionais. Esta é unha tarefa dificil e ardua e que non sempre podemos alcanzar, pero os profesionais deben de posuir unhas ferramentas e técnicas axeitadas para motivar a cada demandante de emprego e que as empregue na búsqueda.


O orientador ten que formarse e estar ó día de todas as novas que saian e que poidan interferir no seu traballo habitual. O perfil deste, sempre estivo rodeado de polémica, alimentada por certos colectivos con interesas partidistas. Dende o meu punto de vista debe ter unha formación de base social e a partires de aquí especializada, tanto en  comunicación como en motivación, actitude, ferramentas, novas tecnoloxías,....e outras moitas que nos acerquen a ter os conocementos necesarios para atender aos demandantes e entender as diferentes situación profesionais e persoais que nos presentan.
Polo tanto unha formación de base social e unha formación continua, engadindolle unha sensibilidade especial para tratar có desempregado, farían que nos atopásemos có orientador perfecto.

O tipo de comunicación que perciba o demandante do orientador ten unha importancia básica no desenvolvemento de todo o proceso de apoio que se leve a cabo. Que se cree un ambiente con interactuación entre os dous é primordial para que asistir a unha próxima cita non se convirta nun deber e si nun apoio no camiño da búsqueda de emprego.



O coñecemento de TIC, das redes sociais, de novos programas e a súa utilización, é neste momento imprescindible para a realización dun traballo adecuado no momento actual, de acordo cá situación do mercado laboral. Hai un sector importante que non ve con bos ollos que teñamos que expoñer as nosas vivencias na rede, e que todo o mundo poida facer uso deses datos para algo que non é o fín adecuado. O medo á sobre exposición e que a nosa identidade dixital sexa percibida de maneira pouco adecuada, ou poida ser manipulada fai que non aproveitemos todos os recursos que temos nas mans. Dalgunha maneira hai que cambiar esta percepción, que de feito está cambiando, as novas xeración perderon este medo.


Esta exposición dos nosos datos, coñecementos, experiencias, etc, fai que o noso perfil nas redes sociais, por exemplo, sexa máis visible e as posibilidades de atopar traballo se multipliquen. Por cada persoa que vexa o noso  curriculo, as posibilidades de inserción laboral, que o fin e o cabo e o que buscamos, aumentan. A actividade que temos na rede, os grupos os que pertencemos, os debates que iniciemos ou participemos, fan que nos vexan máis e que como xa dixen aumenten as posibilidades de atopar traballo.




http://prezi.com/hibvawgvtpsh/marco-persoal-da-orientacion-laboral/

No hay comentarios:

Publicar un comentario