miércoles, 29 de octubre de 2014

REFLEXIÓN INDIVIDUAL MARCO PERSOAL

MARCO PERSOAL TEMAS 6-10
 
 
 
Comezamos o tema 6 A orientación laboral e as competencias,  definindo a orientación laboral: proceso de axuda e acompañamento no desenvolvemento das competencias persoais, sociais e laboráis que sitúen á persoa nunha posción favorable ante o emprego e lle posibilite o acceso e mantemento dun posto de traballo.
 
Para min o máis importante deste tema é ter claro cales son as función do orientador/a e cales as competencias necesarias para levar a cabo o noso labor:
 
FUNCIÓNS
 
  • Xestión da información
  • Traballo con individuos
  • Traballo con grupos
  • Colocación-inserción
  • Seguimento
  • Coordinación
  • Xestión
 
COMPETENCIAS
 
 
  • Habilidades sociais e persoais para a comunicación
  • Coñecemento de lexislacion e recursos sobre o emprego
  • Metodoloxía didáctica
  • Traballo cooperativo e procura de ligazóns
  • Dominio de técnicas de psicología clínica
  • Análise da situación e de axuda na toma decisións
  • Análise de perfís profesionais
  • Actualización permanente
  • Manexo das TICs
  • Deseño de programas de inserción laboral
 
Do tema 7: Desenvolvemento de habilidades comunicativas, o que destacaría sobre todo polo meu descoñecemento e o instrumento da ventana de Johari,  xa que ilustra o proceso de comunicación e analiza a dinámica das relacións persoais. Intenta explicar o fluxo de información dende varios puntos puntos de vista. LEste  é un modeloque vou ter en conta á hora de transmitir aos usuarios/as do meu servizo de orientación laboral a importancia da imaxe que trasmitimos.
 
 

 
 
 
 
 Dentro do tema 8: Habilidades e competencias sociais, destáncanse as principais competencias:
  • Habilidades sociais
  • Intelixencia emocional
  • Traballo en equipo
  • Resolución de conflictos
Moi interesante tendo en conta que hoxe en día a maioría das entrevistas de traballo son por competencias.


Do tema 9: A web 2.0 para a orientación laboral, resaltaría as características e funcionalidades dos principais espazos 2.0: Facebook, twitter, linkedin, pinterest, google+. Os cales coñecía e utilizaba todos excepto o pinterest que casualmente foi o que me tocou no traballo de dinamización de espazos, o cal creo que é unha boa oportunidade de aprendizaxe.

Tema 10: Competencias dixitais para a orientación laboral. Este tema pareceume moi práctico cheo de ferramentas para o noso traballo, vinlle a utilidade para o meu traballo como orientadora.
Os recursos para filtraxe e curar a información son necesarios hoxe en día para non saturarnos con toda a información que hai na rede.
As ferramentas máis destacables son: RSS, Feedly, Scoop.it, Diigo, Storify.

Na miña opinión este módulo é esencial no noso traballo aínda que neste momento me sinto infoxicada e que non son capaz de utilizar tódolos espacios de forma eficaz creo que co tempo e cando os coñecementos reposen serán parte do meu quehacer diario.



 
 
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario