jueves, 9 de octubre de 2014

REFLEXIÓN DO MARCO CONCEPTUAL MÓDULO I


          “NO PROGRESES MEJORANDO LO QUE YA ESTÁ HECHO                         
 SINO ESFORZANDOTE POR LOGRAR LO QUE AUN QUEDA POR HACER”
Khalil Gibran

Comezando por esta cita de Khalil Gibran, o gran poeta, vou tentar facer unha pequena reflexión constructiva, como traballadora do Servizo Público de Emprego de Galicia, do temario do módulo 1. Tentarei ser crítica en temas relacionados co meu traballo e có funcionamento das Oficinas de Emprego en relación co marco conceptual actual.
O largo de todo o módulo primeiro, hai varias cousas que me parecen importantes e vou a facer referencia nesta reflexión que son: Os Servizos Públicos e a súa organización, a forma de contabilizar o número de desempregados, parados, ocupados, etc, as diferencias entre o mundo laboral e o mundo académico e o emprendemento.


Entendese como Sistema Nacional de Emprego o conxunto de estructuras, medidas e accións necesarias para promover e desenvolver a política de emprego. Está integrado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e os Servizos Públicos de Emprego (SPE) das Comunidades Autónomas (CCAA).
O SEPE céntrase na creación, desenvolvemento e seguimento das Políticas de Emprego. Deberá garantir o principio de unidade e igualdade  das persoas usuarias de todo o territorio sen diferencias entre as distintas CCAA.

O Servizo   Público de Emprego de Galicia (SPEG) é a estructura dependente da Xunta de Galicia que  prestan servizos ou exercen funcións no ámbito das Políticas Activas de Emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta as diferencias existentes entre as  CCAA, hai moitas diferencias de funcionamento entre os SPE. En relación a formación ou as ofertas de emprego, por exemplo cando unha persoa quere facer un curso noutra CCAA é  moi difícil que poida acceder e que a teñan en conta nunha selección , incluso poñéndonos en contacto coa oficina corresponde por teléfono, enviando un fax coa solicitude ou a documentación. Esta é unha dificultade importante, tendo en conta que se está fomentando a movilidade xeográfica. Polo tanto en relación coas competencias e os distintos SPE son insalvables mentras non unifiquemos os criterios, os programas, o funcionamento, etc. entre todas as CCAA.
Con respecto ao mercado laboral e en concreto a Enquisa de Poboación Activa (EPA), direi que na a definición di, que se tomará como referencia a semana anterior a enquisa. O dato que nos da non se corresponda coa realidade do mercado laboral, menos pensando na época do ano en que se realice esta enquisa.
Por outra banda, o número de parados que nos dan, tampouco é real , xa que non entran todas aquelas persoas que teñan a demanda en suspensión con intermediación ( formación, plan de emprego, plan experimental,....).
Nos distintos tipos de certificacións académicas e laborais, teño que apuntar que non existe unha correcta relación entre as ocupacións necesarias no mundo laboral e os certificados profesionais existentes. O mundo laboral e cambiante e o das certificacións non ten esa flexibilidade.
A política tanto europea como a nacional intenta, na teoría intentan centrarse nos desfavorecidos, pero as axudas non chegan de verdade a quen as necesita. Os diferentes tramites e a burocracia fai  que se perda polo camiño ou chegue tarde o beneficiario final.
O emprendemento é unha solución para o momento no que vivimos, xa que a pequena empresa e o autónomo cos diferentes proxectos empresarias fan que a dinámica do mercado laboral sexa unha realidade, con todos os beneficios sociais que leva consigo.
Non hai ningún acordo, e o que existe é puntual, que faga que o empresario e emprendedor, pase pola oficina de emprego correspondente para solicitar  xente cualificada, para formar parte da súa empresa. Si existise unha colaboración entre  eles  en relación coas ofertas de traballo existentes no mercado, así como bonificacións si contratan con intermediación das oficinas. Teriamos ganado polo menos que os contratos se realizaran con todas as garantías legais. Os demandantes de emprego comprobarían  que anotarse na oficina sirve para algo maís que cobrar unha prestación e cumprir os requisitos. Si existe unha xestión de ofertas cualitativa e cuantitativa que da frutos, a percepción cambia e pasa de ser negativ,a como na actualidade, a positiva. Temos que analizar, o porqué o número de contratacións a través das oficinas de emprego é tan baixa e sen embargo as das empresas de traballo temporal aumentan, algo estaremos facendo mal.
Hay outro tema importante neste senso que é, que os trámites burocráticos necesarios para dar de alta una actividade poden ser un atranco tal, que fai que determinados colectivos de sectores concretos, decidan nun momento dado, non iniciar esta actividade, ou facelo noutro lugar.

Para rematar esta reflexión , como non espero que teña repercusión na forma de facer as cousas, si espero que podades pensar e reflexionar vós destes pensamentos derivados do módulo 1

(hipervínculo explicativo)







No hay comentarios:

Publicar un comentario