jueves, 30 de octubre de 2014

¿Qué entendo por curación de Contidos?

Atopámonos compartindo un mundo que está en constante cambio e momento, dónde a xestión dos tempos é un obxectivo que individualmente nos propoñemos. Velaquí a xeración de ferramentas que nos axudan a economizar o tempo e enerxía. Xestións telemáticas, contactos en rede, almacenamento na nube,… todas estas son ferramentas que se poñen a nosa disposición para que o noso día a día tenda a ser mais áxil.
E non podía ser menos coa xestión da información, que gracias a Internet é cada vez máis abundante e diversa. Para esto contamos con ferramentas denominadas “de curación de contidos”, que consiste en filtrar, agrupar e compartir toda esta información da que falamos. A curación de contidos podemos dicir que imita os medios de comunicación de toda vida, posto que dende sempre que se selecionaron as novas que se consideraban relevantes. Coa diferencia que neste caso somos cada un de nós os que eleximos que información queremos obter. Evitamos con esto caer na “infoxicación”, novo concepto que define a situación na que o usuario recibe demasiada información en moitas ocasions non resulta útil, está incompleta ou non é correcta.   
Para dominar esta nova situación, dende o curso traballamos con alguna destas ferramentas.

Feedly.: Ferramenta que permite organizar e acceder rápidamente a todalas noticias e actualización de blogs e demais páxinas que conten co formato RSS. Co Feedly podemos ordenar todos os contidos de xeito que aforramos tempo en ter que revisar todas as fontes.
Relacionado coa orientación laboral mostrovos a miña plataforma Feedly:




Scoop.it. : Permítenos compartir contido que atopemos interesante ou que nos pareza de utilidade na rede.  . Esta información agrupase en función de “Topics”, como idea xeral que pode englobar diferentes subtemas.
A continuación presento a miña “curación” en Orientación Laboral http://sco.lt/7TVQED




Pinterest: Con esta aplicación o usuario pode organizar a información que lle resulte máis interesante en “taboleiros virtuais”. Esto taboleiros poden considerarse arquivo donde se garda esta información dunha maneira gráfica e atractiva.

Para rematar a miña reflexión engado un exemplo de Pin de Pinterest, donde se explica de maneira gráfica en que consiste a curación de contidos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario